Páginas

lunes, 6 de febrero de 2023

NOVA YORK, NOVOS POEMAS, de Claudio Rodríguez Fer. Poeta gallego

 

            (Para el poeta Claudio Rodríguez Fer con todo mi afecto/ R. Palmeral, 2023)


Opinión en Galicia

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

New York, New Poems: a poesía neoiorquina de Claudio Rodríguez Fer traducida ao inglés

martes, 06 de diciembre de 2022
O poeta galego Claudio Rodríguez Fer, nacido en Lugo, pero vinculado dende mozo a moi diversos lugares e linguas do mundo, comezou a exercer a docencia na Universidade da Cidade de Nova York en 1992 e, dende entón, volveu en numerosas ocasións á gran metrópole multicultural en condición de profesor ou de poeta, pronunciando conferencias sobre literatura ou ofrecendo recitais poéticos, moitos deles New York, New Poems: a poesía neoiorquina de Claudio Rodríguez Fer traducida ao ingléspolíglotas. Non é de estrañar, pois, que tras vivir e traballar reiteradamente ao longo da súa vida en Nova York, dita cidade apareza con frecuencia na súa obra, tanto poética (comezando pola serie "Mannahatta") como narrativa (como mostran os contos "A muller loba" e "A fera fráxil").

En consecuencia, a editorial Small Station Press, que tanta literatura galega leva xa traducida ao inglés, editou neste 2022 o libro "New York, New Poems / Nova York, Novos Poemas", que reúne en edición bilingüe galego-inglesa a maior parte da poesía que Claudio Rodríguez Fer viviu e escribiu en Nova York. Unha obra que o perspicaz crítico literario Armando Requeixo comezou saudando no seu artigo "A poética neoiorquina de Rodríguez Fer" o seu radical "cosmopolitismo poliédrico e calidoscópico": "A literatura galega ten en Claudio Rodríguez Fer non só unha das máis senlleiras voces das últimas décadas, senón tamén un dos seus principais embaixadores. A obra deste poeta vitalista está traducida a un grande número de idiomas dos cinco continentes e un dos seus textos, o poema "A cabeleira", ten versións en case unha setentena de linguas, o que o converte no texto de noso trasladado a máis linguas do planeta".

A tradución de "New York, New Poems" correu a cargo dos filólogos neoiorquinos Diana Conchado e Clifford Irizarry, a primeira dos cales xa realizara outras versións inglesas de poemas de Claudio Rodríguez Fer e fóra responsable da panorámica antoloxía bilingüe "Deathless Loves / Amores sen Morte" en 2015. Nesta escolma participara tamén a xa histórica galicianista Kathleen N. March, quen fóra a primeira tradutora ao inglés de Claudio Rodríguez Fer en verso e en prosa, e a quen se debe a versión inglesa dunha das principais poemarios de mocidade do autor na edición bilingüe "Tender Tigers / Tigres de ternura".

Así mesmo, Diana Conchado é autora do prólogo á edición, todo un ensaio sobre a poética de Claudio Rodríguez Fer en conexión co pensamento ecolóxico, titulado "A pacer nos signos: a ecoloxía urbana da Nova York de Claudio Rodríguez Fer", traducido ao galego pola políglota lingüista romanesa Adina Ioana Vladu. Aquí, Diana Conchado destaca a profunda harmonía presente na poética claudiana: "Dentro do pensamento ecolóxico, a existencia é sempre coexistencia. Ao ler Nova York a través dos textos de Rodríguez Fer, observo as numerosas maneiras en que se articula o pensamento ecolóxico. Suxiro que os poemas incluídos nesta colección desnaturalizan o concepto de separación á vez que destacan e celebran a nosa coexistencia compartida."

A poesía reunida neste libro abarca tres décadas, pois vai dende os dípticos eróticos "Na procura do tapiz vermello (Díptico de The Cloisters, New York, 1992)" e "O rapto de Europa", do poemario "Extrema Europa" (1996), ao comprometido canto tribal New York, New Poems: a poesía neoiorquina de Claudio Rodríguez Fer traducida ao inglés"Revolución rosaliana en Nova York", incluído en "A muller sinfonía (Cancioneiro vital)" (2018), pasando por "Mannahatta", pertencente a "A unha muller descoñecida" (1997), do que di a prologuista: "Aquí reina a exuberancia en forma de encarnacións zoomórficas de mulleres caracterizadas por unha paixón desenfreada. O uso por parte de Rodríguez Fer do nome que deran os indios lenape á illa que máis asociamos con Nova York é á vez unha indicación de como recrean imaxinariamente estes poemas as enerxías primarias da cidade, e unha alusión á composición homónima de Walt Whitman". Seguindo a Olga Novo e a Milagros Polo, estudosas da importancia do feminino na obra do poeta, Diana Conchado manifesta tamén a "presenza esencial da muller nos textos de Rodríguez Fer como representacións de heterodoxia e liberdade".

Ademais, o libro está enriquecido visualmente por un excelente retrato do autor na cuberta feito pola artista Sara Lamas e polo fascinante poema visual no interior, de carácter ludicamente surrealista, "A aventura dos rañaceos", debido ao propio Claudio Rodríguez Fer. Mais cada sección aparece tamén precedida por unha significativa foto arquitectónica, tomada polo mesmo poeta, dalgún dos máis emblemáticos edificios de Nova York construídos durante os séculos XX e XXI, dende o espiral do Guggenheim Museum, de Frank Lloyd Wright, ao cóncavo Grace Building, no que deu clase o autor, pasando por moi recoñecibles rañaceos da cidade (Equitable, Chrysler, Empire State, United Nations, Flatiron, MetLife, One World Trade Center e Lipstick, este captado cunha tan oportuna como simbólica pomba). Cómpre salientar tamén o acaído deseño do libro feito por Grigor Grigorov e Maria Stoeva, baseado en xogos de sombras que dialogan coas estruturas xeométricas dos rañaceos neoiorquinos, pois en efecto todos os detalles estiveron moi coidados nesta edición de Small Station Press.

O libro remata cun "Cuestionario Proust" realizado a Claudio Rodríguez Fer, ideal para coñecelo a fondo como persoa e como escritor, e traducido á lingua inglesa por Jonathan Dunne, un dos máis constantes tradutores da literatura galega ao inglés e ademais director da editorial Small Stations Press. Precisamente neste cuestionario encabeza Nova York a listaxe de lugares onde quixera vivir o poeta, aínda que remate preferindo a todos a súa terra nativa e a súa vocación esencial: "Ás veces, no multiculturalismo de Nova York, Londres, Berlín ou París; ás veces, na harmonía celta de Bretaña, Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles ou a Illa de Man; ás veces, na beleza artística de Atenas ou Venecia... Pero sempre en Galicia e na poesía." A súa divisa final non deixa lugar a dúbidas sobre o humanismo deste escritor tan galego como universalista e tan vitalista como erótico, que só parece saber que existe cando ama: "Amo ergo sum, que xa aparecía no meu primeiro libro, 'Poemas de amor sen morte'."